top of page

A primetra publicación que planea o museo é un “libro-caderno de imaxes e de símbolos” da historia e as historias de Corcubión. Este libro-caderno  concíbese como recurso de aprendizaxe para nen@s, aínda que non exclúe aos maiores. O obxectivo principal é familiarizar aos máis pequen@s cos elementos clave da historia e as historias do seu contexto máis cercano. A maneira en que se conceptualizarán e se porán en relación as imaxes no libro propón ao lector/a a entrada a unha historia e a unhas imaxes que decote se transforman e na que cada quén está convidad@ a formar parte desde o seu propio imaxinario e subxectividade.

A idea é que este libro pase a formar parte dos recursos dispoñibles para o profesorade de Educación Primaria de Corcubión.

bottom of page