top of page

Chámome María Bella. Son comisaria e artista. A miña área de investigación e práctica enmárcanse dentro da arte e os estudos culturais. Os contextos, a súa historia social e cultural, as historias populares e a súa expresión material e inmaterial son ferramentas comúns para o meu traballo. Son doutora en Coñecemento Curatorial pola Universidade de Goldsmiths de Londres e conto cunha ampla experiencia como produtora cultural. Se che interesa saber máis sobre o que fago podes acceder ao meu sitio web

Colaboradores:

 

Ao longo deste proxecto serán moitos os que me acompañen para facelo realidade e esta lista irase ampliando. Nela aparecerán cantos se alíen para que este traballo mellore e se faga máis rico xunto cos coidadores e facilitadores da memoria.

bottom of page