top of page
TOP paseos GAL

O museo das historias de Corcubión non é un contendor cultural cerrado ubicado na vila senón que este museo toma á vila e ao pobo como lugar e como suxeito colectivo que decote produce os límites da súa propia museografía. Os paseos comisariados están pensados para organizar, baixo distintas perspectivas, os restos dos espazos e os tempos das historias de Corcubión.

 

Os paseos dispoñibles amosaranse neste apartado. Para concertar un paseo debes facer una reserva.

el pueblo en la plaza.png

Un lugar de augas vizosas na terra dos montes sagrados

Este paseo ofrece un relato de Corcubión feito a partir da relación da historia da súa paisaxe e da memoria dos seus habitantes. O seu obxectivo é activar no visitante unha perspectiva temporal e espacial das transformacións materiais e simbólicas da súa historia social e cultural poñéndoa en relación coa Costa da Morte e con Galicia. Desde o megalitismo, a cultura castrexa, romana, sueva, medieval e moderna ata a contemporaneidade. Un percorrido desde o que rescatar os restos do que se foi para entender o que somos.

 

A duración estimada será de 1h, 30min

redeiras_de_algas_años_40.png

Que bonita vas ser (proximamente)

Este paseo ofrece un relato de Corcubión onde a historia e as historias das mulleres cobran voz para deixar de estar ausentes diante dos ollos dun mundo que non as ten coidado. Neste paseo revisitaremos os rastros de mulleres artistas, poetisas, cantareiras, mestras, costureiras, redeiras, bruxas, conserveiras e tantas outras cousas. Con elas poremos en valor os lugares que habitaron e todo aquilo co que ocuparon as súas vidas mais que ninguén conta.

A duración estimada será de 1h, 30min

map.jpg

O mar da vida e da morte (proximamente)

Este paseo ofrece un relato de Corcubión atravesado polas catástrofes que marcaron o curso da historia dun punto estratéxico na xeografía costeira da Costa da Morte.

bottom of page